TABOAS NO DERBY

martes, 27 de enero de 2009

MODESTOS:

SAN ESTEVO 1 - VILLAMAYOR 1

Empate final no encontro disputado este pasado domingo, onde acariciamos a victoria xa que o empate visitante chegou no desconto tras un penalty moi discutible.

O partido foi un derby en toda regla , con moita intensidade onde o noso equipo levou o peso do encontro e gozou de algunhas ocasións para adiantarse na primeira metade, por contra os visitantes non tiraron entre os tres paus en toda a primeira metade, so un lanzamento de tacon dende fora da area que colleu miguel sen problemas.

A segunda metade foi mais intensa que a primeira e comezou a faltar forzas que se transformaron en duras entradas que puido levar algun xogador visitante a caseta antes de tempo.
Mediada a 2ª metade o Villamayor quedaría con 10 tras a expulsion de Souto cando zancadilleou a Pernas por detras cando este encaraba a portería visitante. A partires de ahí o arbitro acobardouse un pouco e comezou apitar todo o que lle protestaba o equipo rival, e foi condescendente en varias entradas do lateral visitante que ben puido ver a 2 ª amarela por mor das moitas faltas que fixo. Xa no tramo final adiantaríamonos no marcador oroubar un balón Matias e marcar de forte disparo na saida do porteiro Visitante. Pero pouco nos durou a vantaxe, xa que no minuto 46 o arbitro decretou penalty por un suposto agarron aTacon nunha falta lateral botada polo Villamayor e que rematara a rede Catoira, ainda que en fora de xogo.
Asi marcaria o empate dende os 11 metros Tacón e deixaría o resultado no 1 a1 definitivo.
De ahí ofinal aínda gozamos doutra ocasión que Matias botou fora.
Empate final que sabe a pouco xa que o equipo visitante non creo perigo en todo o partido senon era a balón parado.

ALINEACIÓN: MIGUEL, FITO, JORGE, CARLOS, JOSITO, ANIBAL, PERNAS, MATIAS, VALENTIN, OSCAR, MIGUELITO

PARA CAMBIOS: LUIS , ALBERTO, ROXO, PEDRO E MIGUEL

Os xuveniles descansaron en esta xornada

FIN DA 1ª VOLTA

lunes, 19 de enero de 2009

ESTA SEMANA CHEGOU O FINAL DA PRIMEIRA VOLTA DA LIGA PARA AMBAS CATEGORIAS, AÍNDA QUE A XUVENIL CHEGA DEBIDO A QUE DESCANSAMOS NA DERRADEIRA XORNADA.

MODESTOS:

SAN ESTEVO 2 - ENCROBAS 0

Partido comodo o disputado este domingo, fronte o equipo das Encrobas que esta afundido no fondo da taboa.
A pesares de iso comezamos o encontro un pouco agarrotados e foi co paso dos minutos cando empezamos a soltarnos un pouco.
Adiantaríamonos no marcador nun saque de falta botado por Valentín o segundo pau onde apareceu Pernas para controlar perfectamente o balón e cruzalo na saida do porteiro visitante.
Con ese resultado fomos o descanso.
A segunda metade empezou como rematou a primeira, cun dominio do xogo pola nosa parte e sin esnquedanzas atras, froito deste dominio chegaría o 2º e definitivo gol do encontro nun saque de esquina de Richard que se lle colou o defensa o intentar despexalo.
A partires de ahí relaxamonos en exceso e xa en tempo de desconto os visitantes dispuxeron de un par de ocasións que conseguiu desbaratar Miguel.
Terceira victoria consecutiva que nos deixa con 18 puntos o final da primeira volta.

ALINEACIÓN: MIGUEL, LUIS , JORGE , JOSITO, CARLOS, PERNAS, MATIAS , RICHARD, OSCAR, VALENTIN E O ROXO.

PARA CAMBIOS: FITO, MIGUEL, ALBERTO, ANIBAL E O RUBIO.

XUVENILES.

SAN ESTEVO 1 - CIRE MELIDE 1

QUINTO EMPATE DA TEMPORADA QUE NOS DEIXA CON 14 PUNTOS NA PRIMEIRA METADE DA LIGA E QUE CORTA UNHA RACHA DE 2 XORANDAS SEN PUNTUAR.

O ENCONTRO COMEZOU MAL PARA O EQUIPO LOCAL, E OS 10 MINUTOS ENCAIXARIAMOS O PRIMEIRO DA TARDE TRAS UN CENTRO DENDE A ESQUERDA QUE DEFENDEMOS MAL NO 2º PAU. O CIRE DOMINOU O ENCONTRO NA PRIMEIRA METADE DA PRIMEIRA PARTE, PERO POUCO A POUCO FOI DEIXANDONOS O DOMINIO OS LOCAIS, ASÍ NO 30 DA PRIMEIRA METADE ANOTARIAMOS O DEFINITIVO 1 A 1 TRAS ,MARCAR SANTI DENDE OS ONCE METROS.
A 2ª METADE FOI DE CLARO DOMINIO LOCAL, PERO CON POUCAS CHEGADAS CLARAS, PODENDO LEVAR OS TRES PUNTOS SE PRIMEIRO O PAU A REMATE DE PORTOS E DESPOIS CRISTIAN ATINARAN COA PORTA VISITANTE.
OS DERRADEIROS MINUTOS ESTUVERON MARCADOS OR UN COMPORTAMENTO EXTRA DEPORTIVO DOS XOGADORES VISITANTES QUE SE ADICARON A INCREPAR E A ESCUPIR OS XOGADORES LOCAIS QUE ACABOU CON UNHA AGRESION A SANTI CANDO SE DIRIXIA OS VESTUARIOS. O ARBITRO DO ENCONTRO NON TOMOU NINGUNHA MEDIDA LIMITANDOSE A DICIR QUE NON VIRA NADA.

ESA MAIS A LESIÓN DE CRISTIAN FORON AS MALAS NOVAS DESTA XORNADA.

ALINEACIÓN: ANTONIO, CRISTIAN, MANUEL, PORTOS, LUCAS, JOSE , WAGE, ALBERTO, RUBEN, OSCAR E SANTI.

PARA CAMBIOS: NICO, JUAN E BARREIRO

CARA E CRUZ

lunes, 12 de enero de 2009

O FIN DE SEMANA ESTIVO MARCADO POLOS DIFERENTES RESULTADOS COLLEITADOS POLAS 2 CATEGORIAS DO CLUBE. A CARA E O EQUIPO MODESTO QUE GAÑOU A DOMICILIO E COMEZA O ANO CON 2 VICTORIAS, E A CRUZ, E O EQUIPO XUVENIL QUE ENCADEA 2 DERROTAS E DOU DE NOVO UNHA IMAXE MOI POBRE.

MODESTOS:

POULO 0 - SAN ESTEVO 1


Primeira victoria a domicilio da tempada nun dos campos mais complicados da liga xa que as suas reducidas dimensións non deixan levar a cabo un xogo moi vistoso.
Aínda así o equipo modesto realizou un moi bo encontro, e segue nunha linea ascendente que o esta a sacar dos derradeiros postos da clasificación. O San Estevo dominou o encontro durante os primeiros 70 minutos e conseguiu que o equipo local non tivese case o balon en todo o encontro, a pesar de que é un equipo que intenta sair xogando dende atras.
O único gol do encontro foi obra de Richard grazas a unha boa presión de todo o equipo e na cal miguelito recuperou o balón e serviulle un bo pase que Richard cruzou ante a saida do porteiro nada mais comezar a segunda metade.
Nos últimos minutos sufrimos un poco xa que o Poulo comezou a colgar balóns pero sen conseguir a igualada. Rematou o encontro e acadamos por primeira vez esta tempada 2 victorias consecutivas que nos fai subir 2 postos na clasificación e deixanos 10 de momento.

ALINEACIÓN:MIGUEL,JOSITO,FITO,MIGUEL Sánchez, CARLOS, PERNAS, MATIAS, RICHARD, VALENTIN, MIGUELITO E ALBERTO

PARA CAMBIOS: LUIS , OSCAR, ELIAS, JORGE E ROXO


XUVENILES:

PORTAZGO 3 - SAN ESTEVO 0

Partido xogado as 8 do serán no campo do Burgo xa que o campo do Portazgo estaba en moi malas condicións. Partido marcado polas ausencias xa que solo nos desprazamos con 12 xogadores`para a sua disputa.

O encontro estuvo dominado o completo polo equipo local, sobre todo na primeira metade, aínda que so conseguiron adiantarse tras un erro moi grave de Antonio o intentar atallar un centro. Despois do descanso tivemos uns minutos onde nos sacudimos da presión rival pero tras un saque de esquina acadarian o 2º e a falta de 20 minutos acadarian o 3º nun disparo que se lle colou a Antonio polo seu lado, De ahí o final seguiu o dominio local e adicouse a cortar calquer intentona pola nosa parte a base de faltas no medio do campo que nos levou a desquiciar en algunhas fases do encontro.

En resumo, o equipo encontrase inmerso nunha crise de xogo que esparos resolver o próximo sabado frente o CIRE, asique vinde animar os rapacez!!!

ALINEACIÓN: ANTONIO,WAGE, MANUEL,PORTOS, LUCAS, JOSE, RUBEN , ALBERTO, IVÁN, CRISTIAN E SANTI

PARA CAMBIOS: JUAN

VICTORIA COMODA

miércoles, 7 de enero de 2009

MODESTOS:

SAN ESTEVO 4 - VIZOÑO "B" 0

Bo comezo de ano do equipo modesto , que doblegou con bastante facilidade o filial vizoñense con unha magnifica segunda metade, onde se acadarían os 4 tantos do encontro.

O encontro comezou bastante igualado, con uns 25 primeiros minutos, onde o Vizoño gozou dalgunha ocasión que sempre soupo deter o gardameta Miguel. A partires de ahí o dominio ata o fin do encontro foi totalmente do San Estevo que gozou dalgunha ocasión para irse o descanso en vantanxe, pero unhas veces o porteiro e outras a sorte non deixaron estrear o marcador.
Xa no último minuto da 1ª metade, o Vizoño quedariase con 10 cando o central visitante tuvo que deter en falta a Miguelito cando encaraba a portería rival.

A 2ª metade empezou como acabara a primeira e non tardaríamos en marcar, xa que de novo Miguelito conseguiríase ir da defensa e centraría para que Matias acadara o 1º gol. 10 minutos mais tarde de novo unha xogada pola banda esquerda acabaría en un bo centro que de novo Matias remataría a rede.
A partir de ahí o Vizoño baixaría os brazos e encaixaria outros 2 goles obra de Miguelito dende fora da área e de Miguel tras un bo pase de Matias.
O fin 4-0, a victoria mais clara da tempada, onde todo o equipo xogou a un gran nivel, e destacando a actuación de Matias que esta nun gran momento de forma

ALINEACIÓN: MIGUEL,LUIS ,JORGE,MIGUEL Sánchez, CARLOS, PERNAS, ANIBAL,MATIAS, OSCAR,MIGUELITO E ROXO

PARA CAMBIOS: VALENTIN,ALBERTO,FITO, JAVIER E JOSITO

XUVENILES

SAN ESTEVO - DORNEDA

APLAZADO

O equipo xuvenil non xogou xa que non se presentou o colexiado,por un erro de designación da federación.