OS XUVENILES TIRAN O ASCENSO

lunes, 30 de marzo de 2009

Fin de semana onde o equipo xuvenil di case adeus o ascenso o perder contra un dos colistas da liga dando unha imaxe pésima, e onde o equipo modesto plagado de baixas consegue unha meritoria victoria fronte o Toques.

Modestos:

SAN ESTEVO 2 - TOQUES 0

Partido raro o que se viu este domingo en Vitre, onde o noso equipo con ata 8 baixas por lesión sacou petroleo dun partido sen ocasións e que o Toques tirou o entrar na guerra do arbitro que nos tocou.
Comezou o partido sen ritmo, e con moitas imprecisións por ambas partes, no minuto 17 o Toques quedaríase con 10 por doble carton amarelo a un dos mediocentros por protestar unha decisión arbitral, a partir de ahí o Toques perdeu un pouco os papeis e comezou a recibir moitas amonestacións por protestar.
A falta de 10 minutos para acabar a primeira metade chegaría o primeiro gol por parte de Carlos de penalty sobre Matias un tanto riguroso.
Na segunda metade comezou mellor o Toques e tivo un par de ocasión para igualar o encontro pero a falta de 10 minutos unha contra maxistral do San Estevo acabaría nos pes de Matias que batiría o meta visitante na sua saída, a partir de ahí o partido pasou a ser controlado polos locais e chegarían outras 2 expulsións visitantes por agresión a Anibal, e por protestar.
O final 2 a 0 con debut dos xuveniles Ruben e Javier, nun partido sen demasiada historia.

ALINEACION: MIGUEL, LUIS GARCIA, FITO, CARLOS, MIGUEL SANCHEZ, ANIBAL, MATIAS, OSCAR, RUBIO, PERNAS E ROXO.

TAMEN XOGARON: JORGE, RUBEN, ALBERTO E JAVIER.

XUVENILES:

SAN ESTEVO 1 - CAMBRE B 2

Pésimo partido o disputado polo equipo xuvenil que xa tiña ganado antes de empezar, e que o final nos deixou con unha derrota que nos alonxa do ascenso.
Comezamos marcando por medio de Wage a pase de Alberto, nunha primeira parte na que poidemos marcar varios goles pero a falta de intensidade deixounos con ese 1 a 0 o descando.
A debacle chegou na segunda metade, o equipo non estuvo a altura e un cambre que so tiña 11 xogadores empezou a desarbolarnos polo centro e a chegar con perigo mentres nos so nos dedicabamos a protestar e a deixar correr o tempo, dispuxemos de varias ocasións claras pero de novo non estivemos atinados, e asi nos derradeiros 10 minutos o Cambre empataría nunha contra moi mal defendida, e xa no desconto marcaría de falta dende a frontal.
Ademais da derrota quedamos sen Santi e Jose para o próximo partido.
Moito ten que cambiar a actitude deste equipo se queremos puntuar nos 3 encontros que nos quedan.

ALINEACIÓN: ANTONIO,JUAN, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, WAGE, ALBERTO, OSCAR, IVAN, SANTI

PARA CAMBIOS: BARREIRO, MANUEL, NICO, MURIEL E BRAIS PARDO

PARTIDOS A PARES

lunes, 23 de marzo de 2009

4 encontros fora da casa en 2 dias con sorte dispar.
Notouse o San José no rendemento dos dous equipos que se o xoves xogaron ambos a bo nivel , o sabado estiveron ambos por debaixo do nivel habitual.

Modestos:

Xoves: MESIA 2 - SAN ESTEVO 2

Bo partido o xogado entre dous dos equipos que mais guerra estan dando na segunda volta, como handicap do noso equipo decir que xogamos con Oscar de porteiro o non poder vir Miguel xogar.
Partido igualado no que por duas veces se adiantou o Mesia e que soupemos igualar en ambalas duas. Na primeira parte con gol de Matias de cabeza, e na segunda con gol de Pedro, a poucos minutos do final. Ainda así na segunda metade poidemos gañar o encontro, xa que o Mesia so saía a contra en contadas ocasións.

ALINEACION: OSCAR,FITO,JORGE, CARLOS, MIGUEL, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, VALENTIN E PEDRO

CAMBIOS:ROXO, LUCAS, RUBIO E LUIS

Sabado: BOIMORTO 1 - SAN ESTEVO 1

Pouco podo contar deste encontro xa que so vin a 2ª metade, os goles foron na primeira, primeiro adiantaríase o Boimorto por mediación de Fran , e empataríaos tras un penalty sobre Matias que transformaría Carlos. Na segunda metade poucas ocasións para ambos conxuntos xa que as duras condicións climatolóxicas( facía un aire dos demos) non deixaron facer un xogo moi preciso.

ALINEACIÓN: MIGUEL,FITO, JORGE, CARLOS, MIGUEL SANCHEZ, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, VALENTIN E PEDRO

PARA CAMBIOS: ROXO, SANTI, OSCAR, RUBIO E LUIS

XUVENILES:

XOVES
LARÍN 2 - SAN ESTEVO 5

Partido moi intenso e excesivamente duro por parte dos locais que acabaron desquiciados e con so 8 xogadores no campo.
A primeira metade foi tranquila e iriamos o descanso co 0 a 1 no marcador obra de Santi tras un gran pase de Brais Carreira.
Na segunda metade empezouse con mais intensidade e tras uns minutos de tanteo Cristian desde campo propio marcaría o 2º, a partir de ahi foi un partido moi duro por parte local, os locais acortarían distancias, tras un erro de marcaxe nunha falta lateral e Santi poría o 3 a 1 pouco despois, a falta de 2 minutos para os 90 recurtaría de novo distancias o Larín noutro erro nun balón aereo xa cando xogaban con 9 pero en duas contras nos 10 minutos de desconto que estipulou o arbitro Santi marcaria outros 2 goles deixando no 2 a 5 final.

ALINEACIÓN: ANTONIO, JAVIER, CRISTIAN, PORTOS,RUBEN, JOSE, WAGE, ALBERTO, OSCAR, BRAIS CARREIRA E SANTI

PARA CAMBIOS: IVAN, JUAN, MURIEL E MANUEL.

SABADO:
PASTORIZA 2 - SAN ESTEVO 1

Partido o que acudimos con so 13 xogadores debido a que a festa do dia anterior nos deixou con varias baixas( non damos aprendido).
Partido raro con duas partes moi distintas, unha primeira onde dominamos con facilidade e onde chegamos por diante no marcador graazas a un gol de Nico.
e unha 2ª onde o equipo local axudado polo aire e por un publico moi mal educado conseguiu darlle a volta o marcador tras dous goles a balón parado, eso si o 2º no minuto 51 nun partido onde houbo 3 cambios, e precedido dun clarisimo penalty a Jose que se viu e se sentiu dende todos lados, curiosamente o arbitro que estaba o lado foi o único que non o viu, pero si que sinalou saque de esquina na seguinte xogada nun lanzamento fora dun xogador local que pasou entre as pernas de Portos.
En fin o que esta visto e que canto mais ameaces o arbitro e mais o insultes, mellor che vai a pitar(lamentable).

ALINEACION: MURIEL, JAVIER,MANUEL,PORTOS,LUCAS, JOSE, WAGE, ALBERTO, RUBEN, OSCAR E NICO.

PARA CAMBIOS: IVAN E JUAN.

RESACA DA CEA

lunes, 16 de marzo de 2009

A resaca da cea que tivemos este venres non pasou factura nos resultados xa que ambos equipos conseguimos de novo continuar coa racha de victorias, pero si nos pasou factura no xogo realizado por ambos conxuntos.

Modestos:

San Estevo 2 - Curtis 1

Visitaba Vitre o colista da liga e pouco lle faltou para conseguir puntuar, un pésimo partido onde se pode dicir que o mellor foi o resultado e que estivo a punto de cortar a segunda volta que se esta a realizar.
A primeira metade foi do peor que se viu en anos en Vitre, non dabamos unha a dereitas fronte a un equipo plagado de xuveniles e sen poder ofensivo, xa que levan 8 goles a favor en toda a tempada.
Nesta primeira metade iriamos o descanso perdendo por 1 a 0 tras un golazo de falta no que era a 5ª que faciamos o borde da area.
Eso si dispuxemos de un par de ocasións claras que Pedro non conseguiu meter dentro.

A 2ª metade foi distinta , saimos mais metidos e nos primeiros 5 minutos xa enviamos 2 balóns os paus e tivemos outras duas claras ocasións, os 15 minutos por fin chegou o empate nun corner que rematou Matias o fondo das redes.
A partir de ahí botamonos enriba deles e o gol da victoria era cuestión de minutos.
Este chegou nunha xogada de Valentín que se foi pola linea de fondo e lla dou hacia atras a Matias que de novo conseguiu batir o porteiro visitante.
De ahí o final ainda tivemos algunha ocasón mais sobre todo no xogo aereo onde o equipo visitante era un autentico desastre.
Victoria final pero con moi pouco merito por parte nosa xa que o rival era moi inferior a nos.

ALINEACION: MIGUEL, LUIS, JORGE, MIGUEL SANCHEZ, CARLOS, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, VALENTIN, OSCAR E PEDRO

Tamen xogaron: ALBERTO, ROXO, FITO E DANIEL(xuvenil)

Xuveniles:

SAN ESTEVO 3 - ONCE CABALLEROS 0

Partido de novo moi comodo dos xuveniles que nos estan acostumando a ver os partidos moi relaxados.
Antes dos 20 minutos xa estaba o partido resolto, primeiro con un gol de cabeza de Alberto nun saque de esquina, e despois con un gol de Santi o aproveitar un erro defensivo, cruzando o balon diante do porteiro visitante.
A partires de ahí o partido entrou nunha fase bastante aburrida xa que o rival tampouco non daba sintomas de crear perigo, Antonio non tivo que intervir e todo o partido.
A 2ª metade empezou igual que acabara a 1ª, sen ritmo e con uns xuveniles os que lles iba pasando factura a cea do día anterior, aínda asi dispuxemos dun par de ocasións claras e xa nos intres finais do partido Oscar desde dentro da area puxo o 3 a 0 definitivo.

ALINEACIÓN: ANTONIO, JAVIER, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, RUBEN, ALBERTO, OSCAR, NICO E SANTI

Tamen xogaron: MANUEL, BARREIRO,MURIEL E BRAIS PARDO

FOTOGALERIA MEICENDE - SAN ESTEVO

jueves, 12 de marzo de 2009










NOVO PLENO

lunes, 9 de marzo de 2009

De novo conseguimos duas victorias este fin de semana, nun fin de semana moi comodo para os dous equipos onde quizais os modestos non sacaron a vantaxe que deberían.

Modestos:

SP. MEICENDE 1 - SAN ESTEVO 2

Partido disputado en Arteixo, debido a que o campo do equipo local non estaba en condicions para xogar. Un campo o de Arteixo con unhas dimensións expectaculares o que nos costou collerlle a medida.

Primeira metade sen ritmo por ambas partes, na que dipuxemos de 2 ocasions moi claras nos derradeiros minutos, e que Matias non soupo rematar en gol onte mos desafortunado. Ademais lesionariase Javi por unha posible rotura de fibras, entrando Miguel no seu lugar.

A 2ª metade empezou cun claro dominio pola nosa parte con outra clarísima ocasion de Matias
que a 2 metros da portería enviou contra o meta local.
Así no minuto 5 Pedro vaise só cara a portería local e é derrubado dentro da área, penalty e clara expulsión na que o arbitro se fixo o loco e nin sequera o amonestou.
Marcaría Carlos o penalty e poríamos o 0 a 1 no marcador.
No minuto 12 lesionase Miguelito que entrara no descanso dandolle entrada a Oscar.
Mediada a 2ª metade Pedro volveriase a ir en velocidade e bate de novo o meta local poñendo o 0 a 2 e deixando o encontro sentenciado.
A partires de ahí tivemos varias ocasións a contra, pero unhas veces a defensa e outras a pésima arbitraxe, (de novo vaise Pernas en velocidade e derrubado sendo o último defensor e de novo se come a expulsión o arbitro), fixo que a falta de 10 minutos no único lanzamento a porta dos locais acurtaran distancias e lle deran algo de emoción a un partido de por si moi lento e de pouca intensidade.

ALINEACIÓN: MIGUEL, FITO,JORGE,CARLOS, JAVIER, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, ALBERTO E PEDRO.

PARA CAMBIOS: LUIS, RUBIO, MIGUELITO , MIGUEL E OSCAR.

XUVENILES:

SAN ESTEVO 3 - OZA DOS RÍOS 0

Partido moi comodo o deste sabado donde os nosos xuveniles deronlle un baño a un Oza que senon fora polo porteiro (6 paradas expectaculares) podía irse con unha goleada escandalosa.

Na primeira metade chegarían todos os goles do encontro, despois de que o porteiro fixera varias intervencións de merito a Brais Carreira, Santi e Portos, Santi conseguiu abrir a lata e batir por primeira vez o meta visitante.
A partires de ahí marcaríamos outros dous tantos en poucos minutos.
Primeiro Oscar nunha boa xogada, e dende dentro da area, e despois Brais Carreira a placer tras unha internada pola esquerda de Santi deixarían o partido resolto na primeira media hora do encontro.

A segunda metade xogaríase a un ritmo mais baixo fronte a un rival que non inquedou a Muriel en todo o encontro e que deambulou todo o partido polo campo sen saber que facer. Nos derradeiros minutos volvemos a ter ocasión claras pero o bo porteiro vistante encargouse de desbaratar.
A nota negativa puxoa Wage que en 15 minutos que estivo no campo foi expulsado por un arbitro que xa viña a por el dende o anterior encontro. Mal feito polo colexiado e Wage a aprender a estar calado, senon quere ver os partidos dende a bancada.

ALINEACIÓN: MURIEL,JAVIER, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, OSCAR, ALBERTO, RUBEN, BRAIS CARREIRA E SANTI.

TAMEN XOGARON: JUAN , BARREIRO ,BRAIS PARDO, WAGE E NICO.

PRIMEIRA DERROTA DO 2009

lunes, 2 de marzo de 2009

Despois de 2 meses nos que sempre puntuamos, este domingo colleitamos a segunda derrota como locais o perder co San Martiño. Ademais os xuveniles sacaron un empate no seu desprazamento a Vilasantar.

Modestos:

SAN ESTEVO 0 - SAN MARTIÑO 1

Partido moi entretenido o visto este domingo en Vitre onde xogaron os dos únicos equipos que foron quen de derrotar o líder da clasificación.
O encontro ten pouca historia un equipo visitante que basa o seu proxecto nunha poboada defensa (so encaixaron 8 goles en 19 partidos) e que so saen en contras esporádicas o ataque. Na súa primeira chegada gozaron dun penalty a favor que o lateral visitante enviu moito por enriba da porta de Miguel. Foi a única ocasión que tiveron, xa que o seu gol foi en propia porta cando Valentín se encontrou cun balon que lle rebotou nas pernas e acabou dentro da nosa portería. A partir de ahí tivemos os nosos mellores momentos cun remate de cabeza de Javi que detivo o porteiro e un man a man de Richard que detivo o bo porteiro do San Martiño de novo.

Co descanso o noso equipo apagouse e a segunda metade foi mais un querer e non poder. Sen ocasións claras o San Martiño cedeunos o dominio do encontro pero non soupemos atacar o muro defensivo visitante. Nos minutos finais co carrusel de cambios o dominio pasou a mans visitantes e dispuxeron dunha ocasion boisima que o interior esquerdo enviou o pau da nosa porta.

0 a 1 resultado final

ALINEACION: MIGUEL,FITO,JORGE,CARLOS,JAVIER, PERNAS, MATIAS, MIGUELITO, RICHARD, VALENTIN E PEDRO.

PARA CAMBIOS: LUIS, RUBIO, ROXO, ALBERTO E ANIBAL.

XUVENILES:

ATL. SOBRADO 2 - SAN ESTEVO 2

Partido disputado en Vilasantar no que contabamos con numerosas baixas ben por sanción( Oscar e Jose) ou ben por outros motivos( Nico, Tomas, Brais Pardo etc...).
So dispuxemos de 14 xogadores.
A primeira metade foi de tanteo por parte dos dous equipos , ainda que o dominio foi do equipo local, pero sen demasiado perigo.
No descanso tivemos que facer un cambio por lesión de Iván. A segunda metade foi un tanto estrana con uns primeiros 25 minutos onde creamos moito perigo a contra e donde nos foi anulado un gol de Brais Carreira por fora de xogo totalmente inexistente.
Mediada a 2ª parte adiantariamonos no marcador tras un bo pase de Juan sobre Barreiro que de fermoso lanzamento batiu o porteiro local,primeiro gol da tempada para o mais novo do plantel xuvenil. A partir de ahi poidemos matar o encontro con varias ocasions, pero un despiste nunha falta frontal levou o empate o marcador e comezou un arreón local que nunha xogado pola dereita levou a poñer en vantaxe o equipo local. Así xa cando xogabamos a desesperada chegou un penalty a favor por un agarron claro a Portos que Santi se encargou de transformar.
Bo resultado visto o pouco plantel do que dispoñiamos.

ALINEACIÓN: ANTONIO,JAVIER,CRISTIAN,PORTOS, LUCAS, RUBEN, WAGE, ALBERTO, BRAIS CARREIRA, IVAN E SANTI.

PARA CAMBIOS: JUAN, BARREIRO E MURIEL.