SEN SORTE NO DERBI

lunes, 20 de abril de 2009

Resultado enganoso o que se dou onte en Vitre xa que os nosos veciños marcaron cada vez que se acercaron pola nosa area , en parte grazas os regalos da nosa liña defensiva.

Modestos:

SAN ESTEVO 0 - AD.ABELLÁ 3

Partido con gran afluencia de aficcionados xa que o Abellá estase a xogar moito neste tramo final de liga, primeira metade igualada, ainda que levando o peso do partido o equipo visitante, non houbo ocasións claras excepto un remate do visitante Toni que desviou Miguel e un penalty que non asubiu o colexiado de Amancio a Matias cando este encaraba a portería rival.
A segunda metade comezou mellor para nos e nun erro de Amancio o ceder un balón o Juan, Pedro adiantariase e cando so tiña que empurrar o balon a porta baleira Amancio derribao cometendo penalty, incomprensiblemente o xogador visitante so viu un cartón marelo, o encargado de lanzar foi Carlos que fallou o seu primeiro lanzamento en 2 anos o adivinar Juan a trayectoria do disparo. 5 minutos despois chegaría o primeiro tanto rival, Foi unha falta botada dende o lateral que Sergio enviou o fondo das redes como xa fixera no partido de ida.
2 minutos despois un erro incomprensible de Miguel Sánchez deixaria a Marcos cara a cara con Miguel e batindo de forte disparo.
A falta de 10 minutos para o final Carlos quere regatear o dianteiro centro visitante que lle rouba o balón e bate a miguel picandolle o balón na sua saida a desesperada.

ALINEACION: MIGUEL, FITO, JORGE, CARLOS, MIGUEL SÁNCHEZ, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, VALENTIN E ROXO.

TAMEN XOGARON: LUIS, OSCAR, ALBERTO, PEDRO E ELIAS.

XUVENILES:

SAN ESTEVO 1 - PORTAZGO 0

O equipo xuvenil consegue rematar a tempada como local con unha victoria meritoria fronte un dos mellores equipos da categoria, que dominou a primeira metade, pero na que Alberto conseguiu poñer o 1 a 0 definitivo tras un remate de cabeza nun saque de esquina.
A 2ª metade estivo marcada pola expulsion de Oscar os 10 minutos, unha expulsion rigurosisima, que en nigun caso debería pasar de carton amarelo. A partir comezou o dominio visitante que non creou demasiadas ocasións e o cal lle poidemos facer algún gol mais a contra.

ALINEACIÓN: MURIEL, JUAN, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, MANUEL, ALBERTO, OSCAR, RUBEN E SANTI.

PARA CAMBIOS: NICO, WAGE, BARREIRO, BRAIS PARDO E ANTONIO

0 comentarios: