Final de Temporada

jueves, 14 de mayo de 2009

Última cronica do ano do San Estevo onde encaixamos unha nova derrota cerrando un último mes de tempada moi malo.

Encrobas 5 - San Estevo 2


Partido moi raro o do domingo en Meirama, xa que parecia un partido de xuveniles,polo San Estevo había 6 e polo Encrobas 8.

Primeira metade tola onde todas as ocasións acababan en gol, Adiantariase o Encrobas de cabeza, nunha falta lateral e nun lanzamento lonxano , recurtaria distancias Richard con un golazo dende 35 metros cunha fermosa vaselina o meta rival, pero de novo volvería marcar o Encrobas nunha contra. O 3 a 2 foi xa na seguinte xogada o saque de centro , xogada de combinación que Oscar dende a frontal colocaria pegada o pao un balón imposible para o meta local ( por fin ), pero xa o remate da primeira metade un erro no centro da defensa deixaría de novo rematar o dianteiro local con vantaxe poñendo o 4 a 2 .

A segunda parte foi moito menos vistosa, co cansancio e cos cambios o partido baixaría de intensidade e mediada a 2ª parte marcaría dende a frontal o 5º e definitivo gol o capitan do equipo local.
Decir que so habia 8 xogadores do equipo senior xunto con 6 xuveniles.
Ahora descansar e espero que para a campaña próxima o equipo se tome mais en serio a competición.

ALINEACION: RUBIO, FITO, JORGE, LUCAS, PORTOS, MIGUEL, OSCAR, RICHARD, ROXO, VALENTIN E SANTI.

TAMEN XOGARON: RUBEN, CRISTIAN E ALBERTO.(XUVENILES)

Non é o ano dos Derbis

lunes, 4 de mayo de 2009

A nosa andaina pola copa volve a ser efímera xa que caemos na primeira ronda nun derbi contra a Ponte Carreira que nos gañou con moita facilidade o venres 1 de Maio. O domingo empate sen goles con Poulo cun equipo plagasdo de baixas onde xogaron ata 5 xuveniles.

COPA:

SAN ESTEVO 0 - PONTE CARREIRA 3



Partido con pouca historia, xa que o equipo visitante dominou o encontro de principio a fin, na primeira metade marcarian os 2 primeiros goles e xa no minuto 30 da segunda sentenciarian nun corner. Nos últimos minutos tivemos algunha ocasión fruto da relaxación do equipo visitante.
Partido para olvidar.

ALINEACIÓN: RUBIO,OSCAR, JORGE, LUCAS(xuvenil), JAVI, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, VALENTIN E ROXO.

TAMEN XOGARON: LUIS, MIGUEL, SANTI(xuvenil), ALBERTO E FITO.

SAN ESTEVO 0 - POULO 0

Partido marcado polas baixas , xa que de 15 xogadores 5 eran xuveniles, a pesar de iso deron boa imaxe pero carecemos de pegada, xa que gozamos de moitas faltas o borde da área e de un par de ocasións clarisimas. Tamen ahi que decir que a actuación do arbitro foi lamentable para ambos bandos, xa que sacou fora da área un penalty claro sobre Santi, equivocase en todos os saques de banda e de fondo e non expulsou a Anibal a pesar de mostrarlle duas tarxetas amarelas, o final foi expulsado con cartón vermello directo nun rifirafe con un contrario.

ALINEACIÓN: MIGUEL, JORGE, LUCAS(xuvenil), PORTOS(xuvenil), MIGUEL SANCHEZ, ANIBAL, OSCAR , RUBIO, PERNAS, VALENTIN E SANTI(xuvenil)

TAMEN XOGARON: MATIAS, LUIS, RUBEN(xuvenil) E CRISTIAN(xuvenil).