FESTA DE FIN DE TEMPADA 2ª PARTE

miércoles, 28 de mayo de 2008



Hola denovo, como xa vistes estiven modificando a estructura do blog e como consecuencia disto machaquei os resultados da enquisa (PANA dille os do choio que volvan a votar por ti). Comentádeme o que vos gusta do blog e o que votades en falta, haber se así, queda un poco a gusto de todos.
Ademais disto adiántovos que todos os que acudades a festa recibiredes un agasallo (unha bufanda do SAN ESTEVO) e teredes a venta dous novos articulos do clube: UNHA LINTERNA de leds, moi útil e moi cómoda de levar, e unha GORRA, coas cores do noso clube, todo a un módico precio. Un saúdo

COPA DA CORUÑA

lunes, 26 de mayo de 2008


SAN ESTEVO -0 ABELLÁ - 1
Este domingo acabouse a nosa andaina pola Copa da Coruña. A sorte deparounos un derby co que non contabamos este ano, e desta vez non fomos capaces de superalos. O encontro foi moi intenso con poucas ocasións de gol e cun xogo bastante enbarullado, comezou mal, coa lesión de Kity que botou fora un hombro do seu sitio no quecemento e tuvo que ser sustituido os 10 minutos de partido por Manuel, tamén por parte do Abellá se tivo que retirar lesionado nun xeonllo Sergio Álvarez nun encontronazo con Elias. Esto foi o mais relevante da primeira metade que rematou como empezou 0 a 0. A 2ª metade comezou con mais ritmo e pronto chegaría o gol que decidíu a eliminatoria, foi unha xogada pola banda esquerda do ataque do Abellá que rematou nun centro onde miguelito evitou o remate de Víctor en primeira instancia, pero quedaría o balón morto, o que chegaría Manuel Raposo dende a 2ª liña para rematar lonxe do alcance de Miguel. A partires de haí non soubemos reaccionar, comezouse a colgar balóns e o Abellá ben asentado atrás adicaronse a buscar a Sergio que puido matar a eliminatoria nalgunha xogada persoal. A nota negativa do partido produxose no desconto cando nun corner a favor do San Estevo producíuse un altercado entre Manuel Raposo e Valentín que acabou cos dous expulsados.
Sorte para o Abellá na proxima eliminatoria e nós a pensar na próxima tempada.
Un saúdo


FESTA FIN DE TEMPADA

O sábado 14 de xuño as 12:30 da maña teremos unha xuntanza na sede do clube( escola unitaria do Cabezo) onde se dara a coñecer os socios ó estado actual de contas do clube, ademais de atender as vosas suxerencias e preguntas.
O remate desta reunión teremos un gran churrascada e laconada para todos os socios e membros do clube.

NON FALTEDES!!!!


O PRINCIPIO

Hola, vamos a comenzar este blog adicado o San Estevo contandovos así en pocas lineas a pequena historia deste clube.
O SAN ESTEVO comezou na tempada 2002- 2003 a sua andaina pola terceira autonómica. Creouse despois de xogar duas temporadas na liga de peñas (liga da amistad) denominandose PONTE CARBALLA. Despois desas duas tempadas nas que quedamos 6º e 5º clasificado respectivamente, decidimos que xa estabamos preparados para dar o salto a algo mais serio.
O clube no seu comenzo estaba presidido por Miguel Sánchez (pana) e como secretario estaba Marcos Pérez.

A partires de hai xa pasaron 6 tempadas, con moitas anecdotas e acontecementos, que xa vos contarei na paxina web que vamos a realizar. de momento vamos a conformarnos con ester blog donde vos comentarei as novas que se vaian producindo de cara a próxima tempada.
un saudo do presi actual