Última xornada do ano

lunes, 22 de diciembre de 2008

Este domingo disputamos o que vai ser a última xornada deste ano 2008, un ano con moitos altibaixos, altibaixos que se reflexaron nos marcadores que acadaron os dous equipos .

MODESTOS:

ABELLÁ 2 - SAN ESTEVO 1

Este domingo disputamos o derby local, con un resultado negativo, que non fixo reflexo do que ocorreu no campo xa que o empate sería o resultado mais xusto.

Comezou o encontro ben, xa que no minuto 3 adiantariamonos no marcador con un gol de miguelito.

os primeiros 20 minutosforon de dominio pola nosa parte, pero un erro de Carlos o intentar despexar un centro acabaría dentro da nosa portería e levaría o empate o marcador. 2ª xornada consecutiva na que marcamos en propia porta.

a partir de ahí ata o final da 1ª metade dominaría o Abellá ainda que sen moito perigo, pero conseguirían o 2º tanto tras un lanzamento de falta lateral que se lle colou a Miguel. 2 a 1 o descanso. Na 2ª metade non se movería o marcador, a pesar de que o intentamos con todo , pero a falta de pegada condenouno unha semana mais os postos baixos da clasificación


ALINEACION: MIGUEL,FITO,JORGE,CARLOS,DAVID,PERNAS,ALBERTO,MATIAS,VALENTIN, RICHARD,MIGUELITO

PARA CAMBIOS: MIGUEL SANCHEZ,LUIS,ROXO,JOSE ANTONIO E ANIBAL

XUVENILES:

CAMBRE "B" 2 - SAN ESTEVO 1

Idéntico resultado colleitou o equipo xuvenil, na súa visita o Cambre pero con diferente actitude que o equipo modesto.
O encontro xogouse o domingo as 12:15 da maña e este horario xogounos unha mala pasada. Con un equipo nunhas condicións pésimas estabamos condenados a derrota

No primeiro tempo deambulamos polo campo detras dun rival coas ideas moito mais frescas a pesar de ser un dos peores equipos da categoría e así nunha das innumerables faltas que cometemos adiantaríanse no marcador .
Co 1 a 0 chegaríamos o descanso.

A 2 ª metade comezaría co empate de Santi tras un barullo na área, a partir de ahí foi un encontro deslabazado, movido por arreóns dos dous equipos, nos cales poidemonos levar o encontro con ocasións clarisimas que desaproveitou Santi e Cristian. Xa no último minuto do encontro chegaría o 2º tanto do Cambre aproveitando un erro defensivo .

Mala imaxe a que deu en xeral o equipo, que deixa escapar unha oportunidade de acabar o ano en postos de ascenso.

ALINEACIÓN: ANTONIO,JAVIER,MANUEL,PORTOS,LUCAS,JOSE,WAGE,ALBERTO, IVAN, OSCAR E SANTI

PARA CAMBIOS: BARREIRO, BRAIS PARDO, CRISTIAN, NICO E TOMÁS

RESULTADO CORTO

lunes, 15 de diciembre de 2008

ESTE FIN DE SEMANA SO XOGARON OS XUVENILES XA QUE OS MODESTOS TIÑAN A SUA XORNADA DE DESCANSO

XUVENILES:

SAN ESTEVO 1 - PASTORIZA 1

Este sábado recibimos a visita do Pastoriza, 2º na taboa , e que contaba todos os seus partidos por victorias. Nun primeiro momento non albergabamos boas sensacións xa que a baixa de Rubén houbo que añadir que estábamos sen ningún dos dous porteiros, co cal comezamos con moito respeto.
A primeira metade foi un tanto estrana, xa que non arriesgamos demasiado por medo a encaixar goles xa que non sabíamos como reaccionaría Muriel ante as chegadas do Pastoriza. Así mediada a 1ª metade adiantaríase o Pastoriza tras un rexeite nun saque de esquina, o que Muriel non tivo nada que facer.
Con ese resultado chegamos o descanso.

Na 2ª metade demonos conta que éramos superiores e saímos a polo partido. Nada mais comezar igualamos o encontro tras marcar Santi de penalty, cometido sobre Jose.
A partir de ese momento tivemos o Pastoriza contra as cordas ata o final, podendo levarnos os tres puntos se non fora polo acerto do porteiro visitante a disparos de Manuel, Alberto e Wage,e con axuda do longueiro a disparo de Jose.
O final empate dando unha moi boa imaxe ante un dos favoritos o ascenso o final da tempada

ALINEACIÓN: MURIEL,JAVIER,CRISTIAN,PORTOS,LUCAS,JOSE,WAGE,BRAIS RODRIGUEZ, OSCAR,NICO E SANTI

CAMBIOS: BRAIS PARDO,BARREIRO, ALBERTO,MANUEL E JUAN

XOGAR FORA

martes, 9 de diciembre de 2008

MODESTOS

TOQUES 5 - SAN ESTEVO 4

Partido con moitos goles o que disputamos este domingo no concello de Toques, e no que non conseguimos sacar nada positivo.

Durante todo o encontro fomos a remolque xa que nada mais comezar marcaria Javier en propia porta, o intentar despexar un balón dentro da área, o gol dou paso a uns bos minutos onde primeiro david nun remate de cabeza puido levar o empate o marcador, e despois matias tras un primeiro remate de cabeza conseguiu batir por primeira vez a porta do Toques. Pero faltando 5 minutos para o descanso un balón en largo fixo que o interior dereito do Toques quedase so diante de Miguel batindoo por 2ª vez. 2 A 1 foi o resultado o descanso.

A 2ª metade empezou moi mal, xa que nada mais empezar chegaría o 3º e o 4º gol do toques propiciado por erros defensivos. Acurtaríamos distancias por medio de Richard, tras un erro do porteiro local, e cando estabamos a cercar a portería rival, cae o 5º do Toques o volver aproveitar un erro noso no frontal da área. A partires de ahí en vez de baixar os brazos intentamos volver o partido, e anotariamos outros 2 tantos, o 2º de Matias e o1º de Miguel que volvía a xogar tras unha longa lesión. con 5 a 4 quedaríanse con 9 oToques por varias entradas moi fortes, de ahí o final tivemos o empate en duas ocasións de Richard que non foi capaz de transformar.

ALINEACION: MIGUEL,JORGE,FITO,JAVIER,DAVID,PERNAS,MATIAS,RICHARD,OSCAR,ALBERTO,
ROXO

CAMBIOS: LUIS GARCÍA,VALENTÍN,MIGUELITO,RUBIO,MIGUEL SÁNCHEZ

XUVENILES:

ONCE CABALLEROS 2 - SAN ESTEVO 3

1ª Victoria a domicio do equipo xuvenil, que se impón a un rival directo polos postos altos da clasificación.

Encontro igualado onde nos adiantariamos no marcador mediada a 1ª metade tras un erro do lateral local que cedeu o balón o seu porteiro, o cal, se adiantou Oscar para batilo por 1ª vez no encontro, o gol relaxounos un pouco como ben sendo habitual e despois de un par de ocasión claras a 3ª o euipo local conseguiu o empate tras un autogol de Portos o intentar rexeitar un balón.
A alegría duroulles pouco xa que antes do descanso poriamos o 1 a 2 con gol de Ruben o rematar un falta no 2º pau sacada por Brais. Xa no 44 da primeira metad tuvo que saír Ruben o recibir un covadazo no nariz que lle fixo unha rotura no tabique nasal, e que dou por rematada a 1ª metade con 1 a 2 o noso favor.

O comezo da 2ª saimos mal, descolocados tras o cambio de Rubén e sufrimos uns minutos de acoso constante, pero nunha contra Santi conseguiu de novo batir o porteiro local e establecer o 1 a 3. Pouco nos durou a calma, xa que tars un erro noso acortaría distancias o Once Caballeros e deixaría o marcador final no 2 a 3. De ahí o final , non pasamos apuros e poidemos matar o encontro nalgunha contra. Salientar o bo partido de todo equipo que segue a demostrar que sabe loitar ata o final para poder sacar un bo resultado, e esperar que a baixa de Rubén non nos afecte en demasía.
O sabado visitanos o Pastoriza candidaro o 1º posto da liga. Vinde Animar!!!!

ALINEACIÓN:
ANTONIO,JAVIER,CRISTIAN,PORTOS,LUCAS,JOSE,WAGE,BRAIS,RUBÉN,OSCAR
,SANTI

CAMBIOS: ALBERTO,IVÁN,MANUEL,MURIEL,JUAN

SEGUNDA JUVENIL GRUPO 2

jueves, 4 de diciembre de 2008

EQUIPO J G E P G.F G.C P


Dorneda 5 5 0 0 23 4 15
Pastoriza5 5 0 0 15 6 15
O.Caball.5 3 1 1 14 13 10
S.Pedro 6 3 1 2 12 11 10
S.Estevo6 2 3 1 12 10 9
Portazgo5 3 0 2 12 13 9
C.Melide5 2 1 2 11 9 7
Curtis 6 2 1 3 12 11 7
Sobrado6 2 1 3 9 12 7
Oza.Rios6 2 0 4 8 10 6
Obrero 6 1 1 4 9 16 4
CambreB5 1 0 4 5 10 3
Larin 6 0 1 5 7 24 1

Próxima Xornada
Descansa:Larín
Cire Melide-Obrero
Portazgo-Curtis
Dorneda-San Pedro
Cambre B-Sobrado
Pastoriza-Oza dos Rios
Once Caballeros-San Estevo Abellá

XORNADA INVERNAL

lunes, 1 de diciembre de 2008

Fin de semana marcado polo clima ,onde tivemos que mollarnos sabado e mais domingo con distinto premio.

MODESTOS

SAN ESTEVO 2 - BOIMORTO 1

BO PARTIDO O DISPUTADO ESTE DOMINGO NO CAMPO DE VITRE, CON UNHAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS MOI ADVERSAS, QUE ANTES DE COMEZAR FIXO PELIGRAR A DISPUTA DO ENCONTRO
A PRIMEIRA METADE FOI MOI IGUALADA, XA QUE NINGÚN DOS DOUS EQUIPOS ARRIESGABA, XA QUE AMBOS ANDAN MOI NECESITADOS DE PUNTOS.AINDA ASI, TIVEMOS ALGUNHA CONTRA PERIGOSA QUE NON CONSEGUIMOS MATERIALIZAR.

NA 2ª METADE SAIMOS MAIS ACTIVOS E NADA MAIS COMEZAR ADIANTAMONOS NO MARCADOR DESPOIS DE REMATAR ELIAS COA PUNTEIRA DA BOTA UN BARULLO NA ÁREA TRAS BOTAR UNHA FALTA LATERAL.

POUCO NOS DUROU A VANTAXE XA, QUE NO 15 DA 2ª METADE IGUALARÍA O PARTIDO OSCAR(FIGURIN) O REMATAR UN CENTRO DENDE A DEREITA.
A PARTIR DE AHI VOLVEMOS A COLLER A INICIATIVA E NUNHA CONTRA RICHARD ACADOU O 2 A 1 DEFINITIVO. A PARTIRES DE AHI BUSCOUSE MATAR O ENCONTRO A CONTRA XA QUE DISPUXEMOS DE UN PAR DE BOAS OCASIÓNS.
DECIR TAMÉN QUE TIVEMOS UNHA ARBITRAXE MALA , QUE NON DEIXOU CONTENTO A NINGÚN DOS DOUS EQUIPOS.

CON ESTE RESULTADO SAÍMOS DO FONDO DA TABOA POR 1ª VEZ ESTA TEMPADA E VISITAREMOS O TOQUES A VINDEIRA SEMANA

ALINEACIÓN: MIGUEL,FITO,JORGE,CARLOS,DAVID,ELIAS,MATIAS,RICHARD,PERNAS,OSCAR,ROXO.

PARA CAMBIOS: ADRIÁN,LUIS GARCIA,ALBERTO, JAVIER E O RUBIO.

XUVENILES:

OZA DOS RÍOS 2 - SAN ESTEVO 0

1ª DERROTA DA TEMPADA PARA A CATEGORÍA XUVENIL, QUE MOSTROU UN XOGO MOI ACORDE CO TEMPO DESTE FIN DE SEMANA.
EN NINGÚN MOMENTO DO ENCONTRO XOGAMOS CÓMODOS E NON TIVEMOS A CAPACIDADE DE CONTROLAR O ENCONTRO.

NA PRIMEIRA PARTE ENCAIXAMOS O PRIMEIRO GOL TRAS UNHA FALTA SOBRE RUFO, QUE O ARBITRO NON ESTIMOU E QUE SUPUXO UN BO PASE ENTRE OS NOSOS CENTRAIS QUE O DIANTEIRO DO OZA ENVIOU O BALÓN LONXE DO ALCANCE DE ANTONIO. ANTES DO DESCANSO OSCAR GOZARÍA DUNHA CLARA OCASIÓN QUE SE ENCARGOU O PORTEIRO LOCAL DE DESBARATAR.

A 2ª METADE TAMPOUCO DOU SINTOMAS DE MELLORÍA, E FALTANDO 20 MINUTOS UN BO DISPARO DENDE A FRONTAL COLOUSE POLA ESCADRA DE ANTONIO.
NOS INTRES FINAIS TIVEMOS ALGUNHA OPCIÓN DE RECURTAR DISTANCIAS, PERO NIN UN BO DISPARO DE IVÁN,NIN O SEU RECHAZE QUE ENVIU WAGE O LONGEIRO, SERVIU PARA BATIR O OZA.

A PRÓXIMA XORNADA DESPRAZAMONOS O CAMPO DO ONCE CABALLEROS .

ALINEACIÓN: ANTONIO,WAGE,MANUEL,PORTOS,LUCAS,RUBEN,ALBERTO,CRISTIAN,OSCAR,NICO,SANTI

PARA CAMBIOS: JUAN,MURIEL,TOMÁS,IVÁN E BARREIRO