RESULTADO CORTO

lunes, 15 de diciembre de 2008

ESTE FIN DE SEMANA SO XOGARON OS XUVENILES XA QUE OS MODESTOS TIÑAN A SUA XORNADA DE DESCANSO

XUVENILES:

SAN ESTEVO 1 - PASTORIZA 1

Este sábado recibimos a visita do Pastoriza, 2º na taboa , e que contaba todos os seus partidos por victorias. Nun primeiro momento non albergabamos boas sensacións xa que a baixa de Rubén houbo que añadir que estábamos sen ningún dos dous porteiros, co cal comezamos con moito respeto.
A primeira metade foi un tanto estrana, xa que non arriesgamos demasiado por medo a encaixar goles xa que non sabíamos como reaccionaría Muriel ante as chegadas do Pastoriza. Así mediada a 1ª metade adiantaríase o Pastoriza tras un rexeite nun saque de esquina, o que Muriel non tivo nada que facer.
Con ese resultado chegamos o descanso.

Na 2ª metade demonos conta que éramos superiores e saímos a polo partido. Nada mais comezar igualamos o encontro tras marcar Santi de penalty, cometido sobre Jose.
A partir de ese momento tivemos o Pastoriza contra as cordas ata o final, podendo levarnos os tres puntos se non fora polo acerto do porteiro visitante a disparos de Manuel, Alberto e Wage,e con axuda do longueiro a disparo de Jose.
O final empate dando unha moi boa imaxe ante un dos favoritos o ascenso o final da tempada

ALINEACIÓN: MURIEL,JAVIER,CRISTIAN,PORTOS,LUCAS,JOSE,WAGE,BRAIS RODRIGUEZ, OSCAR,NICO E SANTI

CAMBIOS: BRAIS PARDO,BARREIRO, ALBERTO,MANUEL E JUAN

0 comentarios: