XOGAR FORA

martes, 9 de diciembre de 2008

MODESTOS

TOQUES 5 - SAN ESTEVO 4

Partido con moitos goles o que disputamos este domingo no concello de Toques, e no que non conseguimos sacar nada positivo.

Durante todo o encontro fomos a remolque xa que nada mais comezar marcaria Javier en propia porta, o intentar despexar un balón dentro da área, o gol dou paso a uns bos minutos onde primeiro david nun remate de cabeza puido levar o empate o marcador, e despois matias tras un primeiro remate de cabeza conseguiu batir por primeira vez a porta do Toques. Pero faltando 5 minutos para o descanso un balón en largo fixo que o interior dereito do Toques quedase so diante de Miguel batindoo por 2ª vez. 2 A 1 foi o resultado o descanso.

A 2ª metade empezou moi mal, xa que nada mais empezar chegaría o 3º e o 4º gol do toques propiciado por erros defensivos. Acurtaríamos distancias por medio de Richard, tras un erro do porteiro local, e cando estabamos a cercar a portería rival, cae o 5º do Toques o volver aproveitar un erro noso no frontal da área. A partires de ahí en vez de baixar os brazos intentamos volver o partido, e anotariamos outros 2 tantos, o 2º de Matias e o1º de Miguel que volvía a xogar tras unha longa lesión. con 5 a 4 quedaríanse con 9 oToques por varias entradas moi fortes, de ahí o final tivemos o empate en duas ocasións de Richard que non foi capaz de transformar.

ALINEACION: MIGUEL,JORGE,FITO,JAVIER,DAVID,PERNAS,MATIAS,RICHARD,OSCAR,ALBERTO,
ROXO

CAMBIOS: LUIS GARCÍA,VALENTÍN,MIGUELITO,RUBIO,MIGUEL SÁNCHEZ

XUVENILES:

ONCE CABALLEROS 2 - SAN ESTEVO 3

1ª Victoria a domicio do equipo xuvenil, que se impón a un rival directo polos postos altos da clasificación.

Encontro igualado onde nos adiantariamos no marcador mediada a 1ª metade tras un erro do lateral local que cedeu o balón o seu porteiro, o cal, se adiantou Oscar para batilo por 1ª vez no encontro, o gol relaxounos un pouco como ben sendo habitual e despois de un par de ocasión claras a 3ª o euipo local conseguiu o empate tras un autogol de Portos o intentar rexeitar un balón.
A alegría duroulles pouco xa que antes do descanso poriamos o 1 a 2 con gol de Ruben o rematar un falta no 2º pau sacada por Brais. Xa no 44 da primeira metad tuvo que saír Ruben o recibir un covadazo no nariz que lle fixo unha rotura no tabique nasal, e que dou por rematada a 1ª metade con 1 a 2 o noso favor.

O comezo da 2ª saimos mal, descolocados tras o cambio de Rubén e sufrimos uns minutos de acoso constante, pero nunha contra Santi conseguiu de novo batir o porteiro local e establecer o 1 a 3. Pouco nos durou a calma, xa que tars un erro noso acortaría distancias o Once Caballeros e deixaría o marcador final no 2 a 3. De ahí o final , non pasamos apuros e poidemos matar o encontro nalgunha contra. Salientar o bo partido de todo equipo que segue a demostrar que sabe loitar ata o final para poder sacar un bo resultado, e esperar que a baixa de Rubén non nos afecte en demasía.
O sabado visitanos o Pastoriza candidaro o 1º posto da liga. Vinde Animar!!!!

ALINEACIÓN:
ANTONIO,JAVIER,CRISTIAN,PORTOS,LUCAS,JOSE,WAGE,BRAIS,RUBÉN,OSCAR
,SANTI

CAMBIOS: ALBERTO,IVÁN,MANUEL,MURIEL,JUAN

0 comentarios: