Última xornada do ano

lunes, 22 de diciembre de 2008

Este domingo disputamos o que vai ser a última xornada deste ano 2008, un ano con moitos altibaixos, altibaixos que se reflexaron nos marcadores que acadaron os dous equipos .

MODESTOS:

ABELLÁ 2 - SAN ESTEVO 1

Este domingo disputamos o derby local, con un resultado negativo, que non fixo reflexo do que ocorreu no campo xa que o empate sería o resultado mais xusto.

Comezou o encontro ben, xa que no minuto 3 adiantariamonos no marcador con un gol de miguelito.

os primeiros 20 minutosforon de dominio pola nosa parte, pero un erro de Carlos o intentar despexar un centro acabaría dentro da nosa portería e levaría o empate o marcador. 2ª xornada consecutiva na que marcamos en propia porta.

a partir de ahí ata o final da 1ª metade dominaría o Abellá ainda que sen moito perigo, pero conseguirían o 2º tanto tras un lanzamento de falta lateral que se lle colou a Miguel. 2 a 1 o descanso. Na 2ª metade non se movería o marcador, a pesar de que o intentamos con todo , pero a falta de pegada condenouno unha semana mais os postos baixos da clasificación


ALINEACION: MIGUEL,FITO,JORGE,CARLOS,DAVID,PERNAS,ALBERTO,MATIAS,VALENTIN, RICHARD,MIGUELITO

PARA CAMBIOS: MIGUEL SANCHEZ,LUIS,ROXO,JOSE ANTONIO E ANIBAL

XUVENILES:

CAMBRE "B" 2 - SAN ESTEVO 1

Idéntico resultado colleitou o equipo xuvenil, na súa visita o Cambre pero con diferente actitude que o equipo modesto.
O encontro xogouse o domingo as 12:15 da maña e este horario xogounos unha mala pasada. Con un equipo nunhas condicións pésimas estabamos condenados a derrota

No primeiro tempo deambulamos polo campo detras dun rival coas ideas moito mais frescas a pesar de ser un dos peores equipos da categoría e así nunha das innumerables faltas que cometemos adiantaríanse no marcador .
Co 1 a 0 chegaríamos o descanso.

A 2 ª metade comezaría co empate de Santi tras un barullo na área, a partir de ahí foi un encontro deslabazado, movido por arreóns dos dous equipos, nos cales poidemonos levar o encontro con ocasións clarisimas que desaproveitou Santi e Cristian. Xa no último minuto do encontro chegaría o 2º tanto do Cambre aproveitando un erro defensivo .

Mala imaxe a que deu en xeral o equipo, que deixa escapar unha oportunidade de acabar o ano en postos de ascenso.

ALINEACIÓN: ANTONIO,JAVIER,MANUEL,PORTOS,LUCAS,JOSE,WAGE,ALBERTO, IVAN, OSCAR E SANTI

PARA CAMBIOS: BARREIRO, BRAIS PARDO, CRISTIAN, NICO E TOMÁS

0 comentarios: