VICTORIA COMODA

miércoles, 7 de enero de 2009

MODESTOS:

SAN ESTEVO 4 - VIZOÑO "B" 0

Bo comezo de ano do equipo modesto , que doblegou con bastante facilidade o filial vizoñense con unha magnifica segunda metade, onde se acadarían os 4 tantos do encontro.

O encontro comezou bastante igualado, con uns 25 primeiros minutos, onde o Vizoño gozou dalgunha ocasión que sempre soupo deter o gardameta Miguel. A partires de ahí o dominio ata o fin do encontro foi totalmente do San Estevo que gozou dalgunha ocasión para irse o descanso en vantanxe, pero unhas veces o porteiro e outras a sorte non deixaron estrear o marcador.
Xa no último minuto da 1ª metade, o Vizoño quedariase con 10 cando o central visitante tuvo que deter en falta a Miguelito cando encaraba a portería rival.

A 2ª metade empezou como acabara a primeira e non tardaríamos en marcar, xa que de novo Miguelito conseguiríase ir da defensa e centraría para que Matias acadara o 1º gol. 10 minutos mais tarde de novo unha xogada pola banda esquerda acabaría en un bo centro que de novo Matias remataría a rede.
A partir de ahí o Vizoño baixaría os brazos e encaixaria outros 2 goles obra de Miguelito dende fora da área e de Miguel tras un bo pase de Matias.
O fin 4-0, a victoria mais clara da tempada, onde todo o equipo xogou a un gran nivel, e destacando a actuación de Matias que esta nun gran momento de forma

ALINEACIÓN: MIGUEL,LUIS ,JORGE,MIGUEL Sánchez, CARLOS, PERNAS, ANIBAL,MATIAS, OSCAR,MIGUELITO E ROXO

PARA CAMBIOS: VALENTIN,ALBERTO,FITO, JAVIER E JOSITO

XUVENILES

SAN ESTEVO - DORNEDA

APLAZADO

O equipo xuvenil non xogou xa que non se presentou o colexiado,por un erro de designación da federación.

0 comentarios: