CARA E CRUZ

lunes, 12 de enero de 2009

O FIN DE SEMANA ESTIVO MARCADO POLOS DIFERENTES RESULTADOS COLLEITADOS POLAS 2 CATEGORIAS DO CLUBE. A CARA E O EQUIPO MODESTO QUE GAÑOU A DOMICILIO E COMEZA O ANO CON 2 VICTORIAS, E A CRUZ, E O EQUIPO XUVENIL QUE ENCADEA 2 DERROTAS E DOU DE NOVO UNHA IMAXE MOI POBRE.

MODESTOS:

POULO 0 - SAN ESTEVO 1


Primeira victoria a domicilio da tempada nun dos campos mais complicados da liga xa que as suas reducidas dimensións non deixan levar a cabo un xogo moi vistoso.
Aínda así o equipo modesto realizou un moi bo encontro, e segue nunha linea ascendente que o esta a sacar dos derradeiros postos da clasificación. O San Estevo dominou o encontro durante os primeiros 70 minutos e conseguiu que o equipo local non tivese case o balon en todo o encontro, a pesar de que é un equipo que intenta sair xogando dende atras.
O único gol do encontro foi obra de Richard grazas a unha boa presión de todo o equipo e na cal miguelito recuperou o balón e serviulle un bo pase que Richard cruzou ante a saida do porteiro nada mais comezar a segunda metade.
Nos últimos minutos sufrimos un poco xa que o Poulo comezou a colgar balóns pero sen conseguir a igualada. Rematou o encontro e acadamos por primeira vez esta tempada 2 victorias consecutivas que nos fai subir 2 postos na clasificación e deixanos 10 de momento.

ALINEACIÓN:MIGUEL,JOSITO,FITO,MIGUEL Sánchez, CARLOS, PERNAS, MATIAS, RICHARD, VALENTIN, MIGUELITO E ALBERTO

PARA CAMBIOS: LUIS , OSCAR, ELIAS, JORGE E ROXO


XUVENILES:

PORTAZGO 3 - SAN ESTEVO 0

Partido xogado as 8 do serán no campo do Burgo xa que o campo do Portazgo estaba en moi malas condicións. Partido marcado polas ausencias xa que solo nos desprazamos con 12 xogadores`para a sua disputa.

O encontro estuvo dominado o completo polo equipo local, sobre todo na primeira metade, aínda que so conseguiron adiantarse tras un erro moi grave de Antonio o intentar atallar un centro. Despois do descanso tivemos uns minutos onde nos sacudimos da presión rival pero tras un saque de esquina acadarian o 2º e a falta de 20 minutos acadarian o 3º nun disparo que se lle colou a Antonio polo seu lado, De ahí o final seguiu o dominio local e adicouse a cortar calquer intentona pola nosa parte a base de faltas no medio do campo que nos levou a desquiciar en algunhas fases do encontro.

En resumo, o equipo encontrase inmerso nunha crise de xogo que esparos resolver o próximo sabado frente o CIRE, asique vinde animar os rapacez!!!

ALINEACIÓN: ANTONIO,WAGE, MANUEL,PORTOS, LUCAS, JOSE, RUBEN , ALBERTO, IVÁN, CRISTIAN E SANTI

PARA CAMBIOS: JUAN

0 comentarios: