TABOAS NO DERBY

martes, 27 de enero de 2009

MODESTOS:

SAN ESTEVO 1 - VILLAMAYOR 1

Empate final no encontro disputado este pasado domingo, onde acariciamos a victoria xa que o empate visitante chegou no desconto tras un penalty moi discutible.

O partido foi un derby en toda regla , con moita intensidade onde o noso equipo levou o peso do encontro e gozou de algunhas ocasións para adiantarse na primeira metade, por contra os visitantes non tiraron entre os tres paus en toda a primeira metade, so un lanzamento de tacon dende fora da area que colleu miguel sen problemas.

A segunda metade foi mais intensa que a primeira e comezou a faltar forzas que se transformaron en duras entradas que puido levar algun xogador visitante a caseta antes de tempo.
Mediada a 2ª metade o Villamayor quedaría con 10 tras a expulsion de Souto cando zancadilleou a Pernas por detras cando este encaraba a portería visitante. A partires de ahí o arbitro acobardouse un pouco e comezou apitar todo o que lle protestaba o equipo rival, e foi condescendente en varias entradas do lateral visitante que ben puido ver a 2 ª amarela por mor das moitas faltas que fixo. Xa no tramo final adiantaríamonos no marcador oroubar un balón Matias e marcar de forte disparo na saida do porteiro Visitante. Pero pouco nos durou a vantaxe, xa que no minuto 46 o arbitro decretou penalty por un suposto agarron aTacon nunha falta lateral botada polo Villamayor e que rematara a rede Catoira, ainda que en fora de xogo.
Asi marcaria o empate dende os 11 metros Tacón e deixaría o resultado no 1 a1 definitivo.
De ahí ofinal aínda gozamos doutra ocasión que Matias botou fora.
Empate final que sabe a pouco xa que o equipo visitante non creo perigo en todo o partido senon era a balón parado.

ALINEACIÓN: MIGUEL, FITO, JORGE, CARLOS, JOSITO, ANIBAL, PERNAS, MATIAS, VALENTIN, OSCAR, MIGUELITO

PARA CAMBIOS: LUIS , ALBERTO, ROXO, PEDRO E MIGUEL

Os xuveniles descansaron en esta xornada

0 comentarios: