DOBLE VICTORIA

lunes, 9 de febrero de 2009

Este fin de semana o San Estevo conseguíu por primeira vez esta tempada acadar a victoria nas duas categorías, tanto en xuveniles como en modestos.

SAN ESTEVO 2 - OZA DOS RÍOS 1

Visitaba o campo de Vitre este domingo un líder que non coñecía a derrota en toda a tempada, e que viña a consolidar o seu primeiro posto na taboa, pero encontrouse con un equipo que esta nun moi bo momento anímico e que lle infrinxíu a sua primeira derrota que non foi mais abultada grazas a un condescendente arbitraxe que deixou sen penalizar multiples entradas e accións por parte visitante.

A primeira metade foi un claro exemplo de contundencia, un equipo ben prantado atras, sen cometer erros e que saía ben a contra.
Froito disto chegaría o primeiro tanto o botar un saque de esquina dende a dereita Richard que cabecearía maxistralmente Alberto a esqadra, no que sería tamen a súa estrea goleadora co San Estevo.
A partires de ahí xa comezaron os nervos do equipo visitante que se adicou todo o encontro a realizar durísimas entradas sen castigo por parte do colexiado, ademais sufrirían outro golpe cando a falta de 5 minutos para o descanso unha gran xogada do equipo local que comezou nunha recuperación de balón de Anibal e que pasou por Alberto, Pernas e Richard acabaría nun centro dende a Esquerda que Matias entrando dende atrás conectaría coa sua perna esquerda e faríalle unha fermosa vaselina o porteiro visitante acadando o 2 a 0 que campearía no marcador no descanso.
Entrando hacía os vestuarios sería expulsado un xogador visitante despois de que insultara o colexiado e ademais intentara agredilo.
A partires de ahí o arbitro acobardouse e na segunda metade non foi capaz de pitar nada en contra do equipo visitante.
Así os 5 minutos de comezar a segunda metade expulsaría a Matias por doble amarelo por desplazar o balón, e quedaríamos 10 contra 10. A partir de ahí metemonos atras e tamén chegaría a lesión de Miguelito o cal sustituiría o Roxo.
Mediada a segunda metade chegaría o único gol do Oza o rematar unha máis que rigurosa falta botada dende a dereita que rechazou Miguel pero que non puido facer nada ante o segundo remate do Oza.
De ahí o final foi un acoso constante do equipo visitante que Miguel solventou con éxito, e tivemos varias ocasións que unhas veces a defensa e outras o porteiro e sobre todo a arbitraxe (penalty clarisimo a Pedro) non se conseguiron materializar no gol da tranquilidade. O final 2 - 1 que non reflicte a superioridade do noso equipo que se defendeu ben nun campo totalmente impracticable.

ALINEACIÓN: MIGUEL,MIGUELITO,JORGE,CARLOS, MIGUEL SÁNCHEZ, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, PEDRO E ALBERTO.

PARA CAMBIOS: LUIS, ROXO, JOSITO, JAVIER E O RUBIO.

XUVENILES:

SAN ESTEVO 1 - OBRERO 0

Este sábado visitaba o embarrado Campo de Vitre o pechacancelas da liga xuvenil, e demostrou por que o é actualmente.
Os nosos xuveniles tiveron o encontro dominado case por completo e so a falla de puntería conseguíu que o encontro tivera emoción ata o final.
Na primeira parte chegaría o único gol do encontro cando Wage recolle un bo pase dentro da área recorta a un defensa e ponlle o balón a Nico que remata o fondo das redes.
Pouca historia tivo o encontro a partires de ahí xa que estivo marcado polas imprecisións debido o mal estado do campo e pola falla de punteria xa que gozamos de innumerables ataques en superioridade númerica.
Salientar o bo encontro realizado por Juan no interior dereito no que era o seu primeiro encontro como titular, e Muriel que de novo tivo que quedar de porteiro e tivo unha actuación moi meritoria.

ALINEACIÓN: MURIEL, CRISTIAN, MANUEL, PORTOS, LUCAS, RUBEN, WAGE, JUAN, OSCAR, NICO E SANTI.

PARA CAMBIOS: BRAIS PARDO, BARREIRO, IVÁN, JAVIER E ALBERTO.

0 comentarios: