Un pouco de todo

miércoles, 25 de febrero de 2009

3 partidos xe xogaron neste entroido 2009, xa que os xuveniles recuperaron un dos aprazados, e os tres acabaron con distintos resultados.

MODESTOS:

VISANTOÑA 0 - SAN ESTEVO 0

Partido disputado no campo das Brañas nun terreo de xogo en moi boas condicions donde de novo mantivemos a nosa racha de encontros sen perder que perdura dende que cambiou o ano.
O partido foi un derby en toda regla, demasiado xogo polo medio , sobre todo debido as reducidas medidas do campo, e moita entrega por parte dos dous equipos.
Puido ganar calquera dos dous , os locais dispuxeron de tres ocasións que non conseguiron marcar e nos grazas de novo a un erro arbitral( non sei os que van xa este ano) quedamos sen unha pena maxima clarisima a falta de 20 minutos que podía supoñer os tres puntos.
O final xa no minuto 52 (8 minutos de desconto cando so houbo 4 cambios) puido marcar o Visantoña nun barullo producido nun saque de corner que se foi o longueiro tras varios rechaces.
Outro punto a domicilio que nos deixa na metade da taboa.

ALINEACIÓN:MIGUEL, FITO, JORGE, MIGUEL, CARLOS, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, VALENTIN, MIGUELITO, PEDRO

PARA CAMBIOS: LUIS, RUBIO, ALBERTO E PERNAS.

XUVENILES:

SABADO : SAN ESTEVO 4 - ATL. SAN PEDRO 1

Partido comodo de novo para o equipo xuvenil, que deixou o encontro sentenciado na primeira metade.
Nada mais sacar de centro xa nos poríamos por diante no marcador grazas aun gol de Cristian dende o noso campo aproveitando un erro do meta visitante.
Despois deste gol tivemos uns minutos con pouca intensidade e que nos costou o empate momentaneo o botar unha falta lateral que colleu despistado a Antonio e que se lle colou polo segundo pau.
Cando peor estabamos xogando unha xogada por banda esquerda rematou nun centro que Ruben conseguiu rematar facendo un escorzo e deixandonos con vantaxe no marcador.
Antes do descando unha xogada pola banda dereita de Alberto plantaría a Wage diante do porteiro e despois de regatealo marcaría a porta vacia o 1 a 3 que nos levaría o sinal da primeira parte.
A segunda parte foi menos intensa, o ritmo foi baixo xa que o equipo visitante non inquedaba en demasía e xa cando o encontro chegaba o seu fin Nico marcaría o 4º en xogada persoal.

ALINEACIÓN: ANTONIO, JAVIER, CRISTIAN, LUCAS, PORTOS, JOSE, OSCAR, ALBERTO, RUBEN, WAGE E SANTI.

PARA CAMBIOS: JUAN, BRAIS CARREIRA, NICO, MURIEL E IVAN.

MARTES SAN ESTEVO 0 - DORNEDA 1

Visitaba o noso campo o lider invicto que conta todos os partidos por victorias e que levaba unha media de 6 goles por partido , e que non demostrou porque esta tan sobrado na taboa.
Foi un partido con unha intensidade altisima, na primeira metade deominio visitante que se transformou no único gol do encontro tras un erro de marcaxe de Lucas que deixou so o dianteiro fronte a Antonio o que batiu cunha fermosa vaselina. A parte diso o arbitro comezou o seu recital de erros o comerse un claro penalty sobre Santi.

Co 0 a 1 fomos o descanso e na segunda metade cambiaron as tornas, collemos o dominio do partido e só a mala sorte (Lucas detivo un lanzamento de Oscar cando xa entraba na portería rival) e a pésima arbitraxe (agresión a Wage saldada con cartón amarelo) de novo penalty a Santi que o arbitro saca fora da área), acabou cun equipo desquiciado o final do encontro.

Mal resultado pero moi boa imaxe a dada polo equipo.

ALINEACIÓN: ANTONIO, JAVIER, MANUEL, LUCAS, PORTOS, JOSE, RUBEN, WAGE, ALBERTO, OSCAR E SANTI.

PARA CAMBIOS: BARREIRO, IVAN, MURIEL, JUAN E CRISTIAN

0 comentarios: