PUNTOS A DOMICILIO

lunes, 16 de febrero de 2009

Esta fin de semana os dous equipos disputaron os seus encontros a domicilio, e ningún dos dous se veu de baleiro; ainda que o equipo senior so puido arrancar un empate no seu desplazamento.

MODESTOS:

ATL.SOBRADO XUV. 1 - SAN ESTEVO 1

Partido disputado en Vilasantar xa que o campo de Sobrado segue en obras nun terreo de xogo nunhas condicións pésimas, onde controlar un balón e mais dificil que acertar unha quiniela.

Partido moi trabado no que o equipo sufriú demasiado para conseguir o empate, de novo con un arbitraxe pobre( como toda a tempada) onde o árbitro non cortou o xogo as veces demasiado duro por parte do equipo local.
Adiantaríamonos no marcador na primeira metade tras un pase de Richard a Pedro(Richard recolle o balón fora do campo) que engana o porteiro e remata a porta vacía.
A partir de ahí o equipo local votouse encima do colexiado que non soupo reacionar ante as continuas protestas e comentarios sobre todo de parte do entrenador local( fora do campo moi educado pero dentro insufrible).
Con ese resultado chegaríamos o descanso.
Nada mais comezar a segunda metade o xogador local Chinorris conseguiría o empate tras un desaxuste defensivo.
A partir de ahí estivemos demasiado atrás, sen pasar demasiados apuros e saíndo a contra, tendo duas moi boas ocasión de Pedro que unha vez o central e outra o longueiro non nos deron a victoria. O equipo local gozou dun par de ocasións que Miguel( lesionado nun hombro) conseguiu desviar a saque de esquina.
O final empate e os dous equipos seguen sen coñecer a derrota neste ano 2009.

ALINEACIÓN: MIGUEL,JOSITO ,JORGE, CARLOS, MIGUEL SÁNCHEZ, ANIBAL, ROXO, RICHARD, PERNAS, VALENTIN E PEDRO

PARA CAMBIOS: LUIS , OSCAR, JAVIER E ALBERTO

XUVENILES:

CURTIS 0 - SAN ESTEVO 3

Partido comodo para o equipo xuvenil, que sen facer un xogo moi vistoso aproveitouse das carencias defensivas do rival para gañar o encontro e incluso o resultado puido ser mais abultado.

O encontro xa quedou case sentenciado na primeira metade, xa que primeiro nun bo saque de falta de Santi que se topou co longueiro e que remato dentro Ruben, e despois nunha xogada persoal de Santi que se levou a 2 defensas e rematou polo pau corto do porteiro , deixounos con un 0 -2 o descanso.
Así na segunda metade a pesar de xogar un pouco desorganizados acadamos o terceiro por parte de Nico, e puidemos acabar goleando xa que dispuxemos de moitas ocasións claras que unhas veces o porteiro e outras nos mesmos non chegaron a bo porto.

ALINEACIÓN: MURIEL, JAVIER, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, RUBEN, WAGE, ALBERTO, OSCAR E SANTI.

PARA CAMBIOS: JUAN, MANUEL, BARREIRO, NICO E BRAIS CARREIRA

0 comentarios: