Final de Temporada

jueves, 14 de mayo de 2009

Última cronica do ano do San Estevo onde encaixamos unha nova derrota cerrando un último mes de tempada moi malo.

Encrobas 5 - San Estevo 2


Partido moi raro o do domingo en Meirama, xa que parecia un partido de xuveniles,polo San Estevo había 6 e polo Encrobas 8.

Primeira metade tola onde todas as ocasións acababan en gol, Adiantariase o Encrobas de cabeza, nunha falta lateral e nun lanzamento lonxano , recurtaria distancias Richard con un golazo dende 35 metros cunha fermosa vaselina o meta rival, pero de novo volvería marcar o Encrobas nunha contra. O 3 a 2 foi xa na seguinte xogada o saque de centro , xogada de combinación que Oscar dende a frontal colocaria pegada o pao un balón imposible para o meta local ( por fin ), pero xa o remate da primeira metade un erro no centro da defensa deixaría de novo rematar o dianteiro local con vantaxe poñendo o 4 a 2 .

A segunda parte foi moito menos vistosa, co cansancio e cos cambios o partido baixaría de intensidade e mediada a 2ª parte marcaría dende a frontal o 5º e definitivo gol o capitan do equipo local.
Decir que so habia 8 xogadores do equipo senior xunto con 6 xuveniles.
Ahora descansar e espero que para a campaña próxima o equipo se tome mais en serio a competición.

ALINEACION: RUBIO, FITO, JORGE, LUCAS, PORTOS, MIGUEL, OSCAR, RICHARD, ROXO, VALENTIN E SANTI.

TAMEN XOGARON: RUBEN, CRISTIAN E ALBERTO.(XUVENILES)

0 comentarios: