1º PUNTO DA TEMPADA

lunes, 27 de octubre de 2008

SAN ESTEVO 0 - ATL.SOBRADO 0

Por fin estreamos o casilleiro esta tempada! 0 a 0 foi o resultado acadado este domingo en Vitre na 4ª xornada de liga.

un San Estevo en cuadro por fin mostrou unha boa actitude e deixou un bo sabor de boca a afición local.
Aínda que non se moveu o marcador o partido tivo moita intensidade, e houbo ocasións por ambos bandos, pero ningún dos dous equipos soubo batir a meta contraria.
Os minutos finais foron moi tensos debido aque acabamos con 10 por expulsión de Javier por doble amarela.
En liñas xerais foi un partido entretido, e que debe de marcar un punto de inflexión esta tempada;
esperamos conseguir a 1ª victoria da tempada o próximo domingo fronte o Visantoña, no que será o 3º derby en 5 encontros de liga.

ALINEACIÓN DO SAN ESTEVO:

MIGUEL,FITO,OSCAR,JAVIER,CARLOS,ELIAS,MATIAS,RICHARD,VALENTIN,DAVID,MIGUELITO.

CAMBIOS: ANIBAL,SANTI.

0 comentarios: