MAL COMEZO DE TEMPADA

lunes, 6 de octubre de 2008

6 A 2 . Non é un resultado de tenis; é o resultado en contra que acadou o equipo modesto no seu debut ligueiro.
Polo SAN ESTEVO a alineación titular foi: José na portería, Fito e Jorge nos laterais, como centrais Carlos e Josito, bandas para Matias e Richard,medio campo para Elias, Pernas e Valentin e en punta Simón.
O encontro comezou mal, xa que os 15 minutos nunha xogada de estratexia marcaría o Villamayor o primeiro, 5 minutos despois acadaría o 2º nunha contra na que se durmiron os nosos centrais. Acortariamos distancias grazas a un penalty sobre Richard que transformou Carlos, o que dou paso a uns moi bos minutos do noso equipo; no minuto 29 chegou a clave do encontro, nese momento foi expulsado o noso porteiro Jose, por doble amarela, as duas por protestar; unha expulsión merecida xa que a buscou pola súa man o protestar todo o que acontecía no campo, e despois de ser avisado constantemente polo árbitro e por todos os compañeiros do equipo.(tomaranse medidas disciplinarias).Entrou Javier para xogar de porteiro en sustitución de Jorge. A partir de ahí con un xogador de campo como porteiro comezou o drama.
O descanso chegouse co resultado de 2 a 1 e aguantariamos ese resultado ata o minuto 20 da 2ª metade,nese momento nunha boa xogada do Villamayor chegaría o terceiro, nese momento entrou Anibal en sustitución de Josito, A partir de ahí irían caendo o 4º, o 5º e o 6º en poucos minutos. A pouco do final Elías en xogada persoal maquillaría un pouco o resultado. Ademais dos cambios mencionados tamén entrarian Oscar por Matias, e Luis e Adrian por Pernas e Fito.
Mal comezo que debería servirnos para intentar sacar adiante o encontro co Mesia do Domingo que ben, e lavar a imaxe que demos en este encontro.

Por outra parte os xuveniles gañaron o seu segundo partido consecutivo en pretemporada contra o Curtis, un partido intenso no que un gol de Rufo na 1ª metade o sacar unha falta (coa colaboración inestimable do cancerbeiro do Curtis), mantivo o equipo xuvenil sempre por riba no marcador ata que sentenciou Brais nunha contra moi ben levada por Santi. O final 2 a 0 , un resultado que amosa o bo progreso que leva o equipo xuvenil.
O próximo sábado enfrontarase en Oza dos Ríos as 5 da tarde contra o equipo local, no que será o último tramite antes do comezo de liga o 25 de Outubro
Un saudo

0 comentarios: