FIN DE SEMANA MALO

martes, 28 de abril de 2009

Este finde semana xogaron os dous equipos a mesma hora, e o mesmo dia(sabado) e casi acadan o mesmo resultado.

MODESTOS:

VIZOÑO B 3- SAN ESTEVO 1


Pouco que contar deste encontro xa que non asisitin a el, poriase 2 a 0 o equipo local despois de 2 goles de Ruben Grobas, en 2 fermosos lanzamentos e acurtaria distancias Pedro o aproveitar un barullo na area local.
O comezo da 2ª metade o equipo local conseguiría o 3 a 1 definitivo, de ahí o final so salientar que se lle anulou un gol a Matias por fora de xogo moi dudoso. Victoria local nun partido que parece ser que dominaron con facilidade ante a nosa pasividade.

ALINEACIÓN: MIGUEL,FITO,JORGE,CARLOS,MIGUEL SÁNCHEZ,ANIBAL,OSCAR, RUBIO, RICHARD, VALENTIN E PEDRO.

TAMEN XOGARON: LUIS, MATIAS, JOSITO E PETEIRO(DEBUTA COS MODESTOS)


XUVENILES:

CIRE MELIDE 3 - SAN ESTEVO 2


Partido estrano, xa que nuns primeiros 20 minutos nos que non estivemos para nada no encontro, o equipo local acadou os 2 primeiros goles en erros defensivos nosos.
mediada a 1ª metade Manuel marcaria un fermoso gol dende a frontal o enviar un balón pola escadra da meta local. A partir de ahi comezamos a dominar o encontro.
A 2ª metade comezpou con varias ocasions o noso favor e na unica contra que tiveron chegaria o 3º o entrar dentro da porteria de Muriel un centro raso que o noso porteiro pensou que saia por fora. Pero en vez de baizar os brazos 3 minutos de spois Nico o aproveitar unha saida en falso conseguiu o 2 a 3 definitivo. Eso si nos derradeiros minutos gozamos de innumerables ocasións para empatar o encontro pero non era o noso día.

Este foi o último encontro do equipo xuvenil que pendente da última xornada esta colocado 4ª na taboa quedandose a un posto do ascenso a 1ªna sua primeira tempada competindo.

Noraboa polo resultado ainda que debedes de pensar que puidemos facer un pouquiño mais.

ALINEACION: MURIEL,JUAN,CRISTIAN,RUFO,PORTOS,JOSE,MANUEL,WAGE,ALBERTO,BARREIRO E SANTI.

TAMEN XOGARON: ANTONIO,IVAN,DANIEL,NICO E JAVIER

0 comentarios: