NOVO PLENO

lunes, 9 de marzo de 2009

De novo conseguimos duas victorias este fin de semana, nun fin de semana moi comodo para os dous equipos onde quizais os modestos non sacaron a vantaxe que deberían.

Modestos:

SP. MEICENDE 1 - SAN ESTEVO 2

Partido disputado en Arteixo, debido a que o campo do equipo local non estaba en condicions para xogar. Un campo o de Arteixo con unhas dimensións expectaculares o que nos costou collerlle a medida.

Primeira metade sen ritmo por ambas partes, na que dipuxemos de 2 ocasions moi claras nos derradeiros minutos, e que Matias non soupo rematar en gol onte mos desafortunado. Ademais lesionariase Javi por unha posible rotura de fibras, entrando Miguel no seu lugar.

A 2ª metade empezou cun claro dominio pola nosa parte con outra clarísima ocasion de Matias
que a 2 metros da portería enviou contra o meta local.
Así no minuto 5 Pedro vaise só cara a portería local e é derrubado dentro da área, penalty e clara expulsión na que o arbitro se fixo o loco e nin sequera o amonestou.
Marcaría Carlos o penalty e poríamos o 0 a 1 no marcador.
No minuto 12 lesionase Miguelito que entrara no descanso dandolle entrada a Oscar.
Mediada a 2ª metade Pedro volveriase a ir en velocidade e bate de novo o meta local poñendo o 0 a 2 e deixando o encontro sentenciado.
A partires de ahí tivemos varias ocasións a contra, pero unhas veces a defensa e outras a pésima arbitraxe, (de novo vaise Pernas en velocidade e derrubado sendo o último defensor e de novo se come a expulsión o arbitro), fixo que a falta de 10 minutos no único lanzamento a porta dos locais acurtaran distancias e lle deran algo de emoción a un partido de por si moi lento e de pouca intensidade.

ALINEACIÓN: MIGUEL, FITO,JORGE,CARLOS, JAVIER, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, PERNAS, ALBERTO E PEDRO.

PARA CAMBIOS: LUIS, RUBIO, MIGUELITO , MIGUEL E OSCAR.

XUVENILES:

SAN ESTEVO 3 - OZA DOS RÍOS 0

Partido moi comodo o deste sabado donde os nosos xuveniles deronlle un baño a un Oza que senon fora polo porteiro (6 paradas expectaculares) podía irse con unha goleada escandalosa.

Na primeira metade chegarían todos os goles do encontro, despois de que o porteiro fixera varias intervencións de merito a Brais Carreira, Santi e Portos, Santi conseguiu abrir a lata e batir por primeira vez o meta visitante.
A partires de ahí marcaríamos outros dous tantos en poucos minutos.
Primeiro Oscar nunha boa xogada, e dende dentro da area, e despois Brais Carreira a placer tras unha internada pola esquerda de Santi deixarían o partido resolto na primeira media hora do encontro.

A segunda metade xogaríase a un ritmo mais baixo fronte a un rival que non inquedou a Muriel en todo o encontro e que deambulou todo o partido polo campo sen saber que facer. Nos derradeiros minutos volvemos a ter ocasión claras pero o bo porteiro vistante encargouse de desbaratar.
A nota negativa puxoa Wage que en 15 minutos que estivo no campo foi expulsado por un arbitro que xa viña a por el dende o anterior encontro. Mal feito polo colexiado e Wage a aprender a estar calado, senon quere ver os partidos dende a bancada.

ALINEACIÓN: MURIEL,JAVIER, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, OSCAR, ALBERTO, RUBEN, BRAIS CARREIRA E SANTI.

TAMEN XOGARON: JUAN , BARREIRO ,BRAIS PARDO, WAGE E NICO.

0 comentarios: