RESACA DA CEA

lunes, 16 de marzo de 2009

A resaca da cea que tivemos este venres non pasou factura nos resultados xa que ambos equipos conseguimos de novo continuar coa racha de victorias, pero si nos pasou factura no xogo realizado por ambos conxuntos.

Modestos:

San Estevo 2 - Curtis 1

Visitaba Vitre o colista da liga e pouco lle faltou para conseguir puntuar, un pésimo partido onde se pode dicir que o mellor foi o resultado e que estivo a punto de cortar a segunda volta que se esta a realizar.
A primeira metade foi do peor que se viu en anos en Vitre, non dabamos unha a dereitas fronte a un equipo plagado de xuveniles e sen poder ofensivo, xa que levan 8 goles a favor en toda a tempada.
Nesta primeira metade iriamos o descanso perdendo por 1 a 0 tras un golazo de falta no que era a 5ª que faciamos o borde da area.
Eso si dispuxemos de un par de ocasións claras que Pedro non conseguiu meter dentro.

A 2ª metade foi distinta , saimos mais metidos e nos primeiros 5 minutos xa enviamos 2 balóns os paus e tivemos outras duas claras ocasións, os 15 minutos por fin chegou o empate nun corner que rematou Matias o fondo das redes.
A partir de ahí botamonos enriba deles e o gol da victoria era cuestión de minutos.
Este chegou nunha xogada de Valentín que se foi pola linea de fondo e lla dou hacia atras a Matias que de novo conseguiu batir o porteiro visitante.
De ahí o final ainda tivemos algunha ocasón mais sobre todo no xogo aereo onde o equipo visitante era un autentico desastre.
Victoria final pero con moi pouco merito por parte nosa xa que o rival era moi inferior a nos.

ALINEACION: MIGUEL, LUIS, JORGE, MIGUEL SANCHEZ, CARLOS, ANIBAL, MATIAS, RICHARD, VALENTIN, OSCAR E PEDRO

Tamen xogaron: ALBERTO, ROXO, FITO E DANIEL(xuvenil)

Xuveniles:

SAN ESTEVO 3 - ONCE CABALLEROS 0

Partido de novo moi comodo dos xuveniles que nos estan acostumando a ver os partidos moi relaxados.
Antes dos 20 minutos xa estaba o partido resolto, primeiro con un gol de cabeza de Alberto nun saque de esquina, e despois con un gol de Santi o aproveitar un erro defensivo, cruzando o balon diante do porteiro visitante.
A partires de ahí o partido entrou nunha fase bastante aburrida xa que o rival tampouco non daba sintomas de crear perigo, Antonio non tivo que intervir e todo o partido.
A 2ª metade empezou igual que acabara a 1ª, sen ritmo e con uns xuveniles os que lles iba pasando factura a cea do día anterior, aínda asi dispuxemos dun par de ocasións claras e xa nos intres finais do partido Oscar desde dentro da area puxo o 3 a 0 definitivo.

ALINEACIÓN: ANTONIO, JAVIER, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, RUBEN, ALBERTO, OSCAR, NICO E SANTI

Tamen xogaron: MANUEL, BARREIRO,MURIEL E BRAIS PARDO

0 comentarios: