PRIMEIRA DERROTA DO 2009

lunes, 2 de marzo de 2009

Despois de 2 meses nos que sempre puntuamos, este domingo colleitamos a segunda derrota como locais o perder co San Martiño. Ademais os xuveniles sacaron un empate no seu desprazamento a Vilasantar.

Modestos:

SAN ESTEVO 0 - SAN MARTIÑO 1

Partido moi entretenido o visto este domingo en Vitre onde xogaron os dos únicos equipos que foron quen de derrotar o líder da clasificación.
O encontro ten pouca historia un equipo visitante que basa o seu proxecto nunha poboada defensa (so encaixaron 8 goles en 19 partidos) e que so saen en contras esporádicas o ataque. Na súa primeira chegada gozaron dun penalty a favor que o lateral visitante enviu moito por enriba da porta de Miguel. Foi a única ocasión que tiveron, xa que o seu gol foi en propia porta cando Valentín se encontrou cun balon que lle rebotou nas pernas e acabou dentro da nosa portería. A partir de ahí tivemos os nosos mellores momentos cun remate de cabeza de Javi que detivo o porteiro e un man a man de Richard que detivo o bo porteiro do San Martiño de novo.

Co descanso o noso equipo apagouse e a segunda metade foi mais un querer e non poder. Sen ocasións claras o San Martiño cedeunos o dominio do encontro pero non soupemos atacar o muro defensivo visitante. Nos minutos finais co carrusel de cambios o dominio pasou a mans visitantes e dispuxeron dunha ocasion boisima que o interior esquerdo enviou o pau da nosa porta.

0 a 1 resultado final

ALINEACION: MIGUEL,FITO,JORGE,CARLOS,JAVIER, PERNAS, MATIAS, MIGUELITO, RICHARD, VALENTIN E PEDRO.

PARA CAMBIOS: LUIS, RUBIO, ROXO, ALBERTO E ANIBAL.

XUVENILES:

ATL. SOBRADO 2 - SAN ESTEVO 2

Partido disputado en Vilasantar no que contabamos con numerosas baixas ben por sanción( Oscar e Jose) ou ben por outros motivos( Nico, Tomas, Brais Pardo etc...).
So dispuxemos de 14 xogadores.
A primeira metade foi de tanteo por parte dos dous equipos , ainda que o dominio foi do equipo local, pero sen demasiado perigo.
No descanso tivemos que facer un cambio por lesión de Iván. A segunda metade foi un tanto estrana con uns primeiros 25 minutos onde creamos moito perigo a contra e donde nos foi anulado un gol de Brais Carreira por fora de xogo totalmente inexistente.
Mediada a 2ª parte adiantariamonos no marcador tras un bo pase de Juan sobre Barreiro que de fermoso lanzamento batiu o porteiro local,primeiro gol da tempada para o mais novo do plantel xuvenil. A partir de ahi poidemos matar o encontro con varias ocasions, pero un despiste nunha falta frontal levou o empate o marcador e comezou un arreón local que nunha xogado pola dereita levou a poñer en vantaxe o equipo local. Así xa cando xogabamos a desesperada chegou un penalty a favor por un agarron claro a Portos que Santi se encargou de transformar.
Bo resultado visto o pouco plantel do que dispoñiamos.

ALINEACIÓN: ANTONIO,JAVIER,CRISTIAN,PORTOS, LUCAS, RUBEN, WAGE, ALBERTO, BRAIS CARREIRA, IVAN E SANTI.

PARA CAMBIOS: JUAN, BARREIRO E MURIEL.

0 comentarios: