OS XUVENILES TIRAN O ASCENSO

lunes, 30 de marzo de 2009

Fin de semana onde o equipo xuvenil di case adeus o ascenso o perder contra un dos colistas da liga dando unha imaxe pésima, e onde o equipo modesto plagado de baixas consegue unha meritoria victoria fronte o Toques.

Modestos:

SAN ESTEVO 2 - TOQUES 0

Partido raro o que se viu este domingo en Vitre, onde o noso equipo con ata 8 baixas por lesión sacou petroleo dun partido sen ocasións e que o Toques tirou o entrar na guerra do arbitro que nos tocou.
Comezou o partido sen ritmo, e con moitas imprecisións por ambas partes, no minuto 17 o Toques quedaríase con 10 por doble carton amarelo a un dos mediocentros por protestar unha decisión arbitral, a partir de ahí o Toques perdeu un pouco os papeis e comezou a recibir moitas amonestacións por protestar.
A falta de 10 minutos para acabar a primeira metade chegaría o primeiro gol por parte de Carlos de penalty sobre Matias un tanto riguroso.
Na segunda metade comezou mellor o Toques e tivo un par de ocasión para igualar o encontro pero a falta de 10 minutos unha contra maxistral do San Estevo acabaría nos pes de Matias que batiría o meta visitante na sua saída, a partir de ahí o partido pasou a ser controlado polos locais e chegarían outras 2 expulsións visitantes por agresión a Anibal, e por protestar.
O final 2 a 0 con debut dos xuveniles Ruben e Javier, nun partido sen demasiada historia.

ALINEACION: MIGUEL, LUIS GARCIA, FITO, CARLOS, MIGUEL SANCHEZ, ANIBAL, MATIAS, OSCAR, RUBIO, PERNAS E ROXO.

TAMEN XOGARON: JORGE, RUBEN, ALBERTO E JAVIER.

XUVENILES:

SAN ESTEVO 1 - CAMBRE B 2

Pésimo partido o disputado polo equipo xuvenil que xa tiña ganado antes de empezar, e que o final nos deixou con unha derrota que nos alonxa do ascenso.
Comezamos marcando por medio de Wage a pase de Alberto, nunha primeira parte na que poidemos marcar varios goles pero a falta de intensidade deixounos con ese 1 a 0 o descando.
A debacle chegou na segunda metade, o equipo non estuvo a altura e un cambre que so tiña 11 xogadores empezou a desarbolarnos polo centro e a chegar con perigo mentres nos so nos dedicabamos a protestar e a deixar correr o tempo, dispuxemos de varias ocasións claras pero de novo non estivemos atinados, e asi nos derradeiros 10 minutos o Cambre empataría nunha contra moi mal defendida, e xa no desconto marcaría de falta dende a frontal.
Ademais da derrota quedamos sen Santi e Jose para o próximo partido.
Moito ten que cambiar a actitude deste equipo se queremos puntuar nos 3 encontros que nos quedan.

ALINEACIÓN: ANTONIO,JUAN, CRISTIAN, PORTOS, LUCAS, JOSE, WAGE, ALBERTO, OSCAR, IVAN, SANTI

PARA CAMBIOS: BARREIRO, MANUEL, NICO, MURIEL E BRAIS PARDO

0 comentarios: